- Videoxogos sobre a Ruta Translatio. Foron elaborados polo alumnado de 2º e 3º da ESO mediante a ferramenta Scratch, e de entre eles seleccionáronse os catro mellores para competiren no STARgal, olimpiadas virtuais que lanzamos a toda Galicia. Esta é unha escolma:
- Lendas da Ruta Translatio (1), preguntas e respostas, por Laura Agra e Ainhoa Muñiz
- Lendas da Ruta Translatio (2), preguntas e respostas, de Gisela Fernández e Gabriela Alonso
- O labirinto da Ruta Translatio, por María García e Laura Places
- Raíña Lupa vs Apóstolo, un xogo de batalla de Jason Sánchez e Manuel López
- A historia da Raíña Lupa, un xogo de superar fases elaborado por Alejandra Melón e Raquel Romero
- Jimmy e a pantasma (contan a lenda da Raíña Lupa,
- Ollo cos bois!, versión do Pacman de Manuel Sánchez no que tés que esquivar os Toros Bravos que mandou a Raíña Lupa para deter ós apóstolos
- Flappy Apóstolo, un flappy de José Ramón onde a Raíña Lupa debe esquivar apóstolos
- As aventuras da Translatio, un xogo de Mario Sánchez cos personaxes do Códice Calixtino
- Que non te coma o dragón, xogo de Tania Martínez e Noemí Otero
- Videoedición. Na saída Ruta Translatio que se fixo o martes 30 de maio gravamos diferentes escenas para unha pequena peza que dá a nosa visión poética da Ruta Translatio. Este é o resultado, agardamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario